NOVIDADES
CALIDADE
Compromiso de calidade permanente

Compromiso de calidade

Mariscos Cordal, S.L. é una depuradora de moluscos e centro de expedición de invertebrados mariños que conta con autorización sanitaria N.R.S. 12.05391/PO.

Cumprindo coa lexislación alimentaria vixente, e tamén co noso compromiso coa calidade, Mariscos Cordal, S.L. posúe un sistema de xestión da inocuidade desenrolado nun manual de Análise de Perigos e Puntos de Control Críticos (APPCC) baseado na identificación dos perigos específicos, é dicir, na identificación de calquera propiedade biolóxica, química ou física susceptible de afectar á inocuidade ou calidade do producto, e á determinación das medidas axeitadas para garantir o seu control dende a fase de recepción ata á da venda e distribución do producto.

Certificacións

Como recoñecemento ó noso compromiso coa calidade, Mariscos Cordal, S.L. conta dende o 13 de Abril de 2009 coa certificación da marca PescadeRías, impulsada pola Xunta de Galicia, marca que garante tanto a orixe como a calidade dos productos das rías galegas.

Asimesmo, dende o 15 de outubro do 2013 somos empresa certificada polo Consello Regulador do Mexillón de Galicia para a marca “Mexillón de Galicia”, primeiro producto do mar en Europa en obter o distintivo de calidade “Denominación de Orixe Protexida”.