Galego Español English

Venta ó por maior de mariscos e peixes

Mariscos Cordal SL é unha empresa de carácter familiar, foi fundada en Novembro de 1987 polos irmáns Constantino e Antonio Cordal Trigo.

Inicialmente a actividade de Mariscos Cordal SL orientouse á distribución e venta a maioristas e depuradores, evolucionando esta iniciativa empresarial ata o que é agora a actividade principal da empresa: a venta ó por maior de mariscos e peixes, para isto contamos con unha moderna estación depuradora de moluscos, situada na Ría de Arousa (O Facho, Castrelo – Cambados); instalacións recentemente renovadas e adaptadas á normativa sanitaria e que contan coa mais moderna tecnoloxía para a depuración, conservación e envasado dos nosos productos.
As depuradoras Containers cos productos

O obxectivo diario de Mariscos Cordal SL é a satisfacción dos nosos clientes, para isto traballamos arreo tanto para mellorar o servicio como para ofertar os mellores productos das rías galegas.

A calidade é o noso compromiso

Mariscos Cordal SL, é un centro que conta con autorización N.R.S.: 12.05391/PO para a depuración e expedición de moluscos bivalvos para a súa posterior posta no mercado.

Cumprindo coa Lexislación Alimentaria vixente, e tamén co noso compromiso coa calidade, Mariscos Cordal SL posúe un sistema de xestión da inocuidade desenrolado nun manual de “Análise de Perigos e Puntos de Control Crítico” (APPCC) baseado na identificación dos perigos específicos, é dicir, na identificación de calquera propiedade biolóxica, química ou física susceptible de afectar á inocuidade ou calidade do producto, e a determinación das medidas axeitadas para garantir o seu control dende a fase de recepción ata a da venda e distribución do producto.
Productos listos para a súa entrega Seguindo os procesos de calidade

Como recoñecemento ó noso compromiso coa calidade, Mariscos Cordal SL conta dende o 13 de Abril do 2009 coa certificación da marca “PescadeRías, de ¿onde senon?®” impulsada pola Xunta de Galicia, marca que garante tanto a orixe como a calidade dos productos das rías galegas.


CopyRight 2010 - Mariscos Cordal S.L. - Todolos Dereitos Reservados | Sitio web diseñado e implementado por Redes Inteligentes