NOVIDADES
EMPRESA
Traballo continuo para dar o mellor servizo

Calidade e bo servizo van da man

Mariscos Cordal, S.L. é unha empresa de carácter familiar, foi fundada en Novembro do 1987 polos irmáns Antonio e Constantino Cordal Trigo.

Inicialmente a actividade de Mariscos Cordal, S.L. orientouse á distribución e venda a maioristas e depuradores, evolucionando esta iniciativa empresarial ata o que é agora a actividade principal da empresa: a venda ó por maior de mariscos e peixes, para isto contamos con unha moderna estación depuradora de moluscos, sita na Ría de Arousa (O Facho, Castrelo – Cambados); instalacións renovadas e adaptadas á normativa sanitaria e que contan coa mais moderna tecnoloxía para a depuración, conservación e envasado dos nosos productos.

O obxectivo diario de Mariscos Cordal, S.L. é a satisfacción dos nosos clientes, para isto traballamos tanto para mellorar o servizo como para ofertar os mellores productos das rías galegas.